ALGO ESTÁ CAMBIANDO EN SAN XULIÁN...

lunes, 3 de marzo de 2014

RUTA BTT A CAMELIA 2014

Hoxe día 2 de marzo de 2014 oito valientes tirolecos, dispoñémonos a sair na xa IV ruta da camelia, do noso concello en vedra. tomámola ruta como a nosa primeira expereciencia algúns no tema este do btt e outros xa máis asiduos a este deporte. A ruta sempre comentada polo seu bo trazado e a sua beleza que este ano lle cambiaron o sentido de dirección, penso eu cronista, que mellorou algo, así como os novos lugares que aumentaron, zona de Trobe e ponte de Gundián... entre outros. Tomámolo con calma xa que o noso presidente iba tomando contacto, que por certo fixo moi ben. Os dous de cabeza tiveron que, por dúas veces a asistir un membro da peña de Mosqueteros de betanzos, a amañar a cadea que da primeira vez se lle votara fora dos piñóns e da segunda o eslavón que se enganchara na primeira vez doblou hasta que enganchaba polo que tivemos que cambiarllo. Despois Felipe, o mosquetero, decidiu acompañarnos todo o camiño ata a meta. Por detrás o resto de tirolecos disfrutaban das paisaxes e sacaban fotos para o recordo. Chegamos case os últimos pero iso non nos importa, levamos unha nova experiencia de aprendizaxe, e como di o refrán: o importante é participar.

1 comentario:

  1. Pois si señores. O caso é chegar e pasalo ben, e a ruta foi ben chula.

    ResponderEliminar