ALGO ESTÁ CAMBIANDO EN SAN XULIÁN...

martes, 17 de febrero de 2015

V RUTA DA CAMELIA CONCELLO DE VEDRA 2015

O domingo pasado día 15 de febreiro 9 valientes da asociación deportiva e cultural Tirolecos formamos parte da gran marea de cores da xa V ruta Btt da camelia do Concello de Vedra, aínda que non todos por igual. E digo isto porque como en todo equipo ainos mellores e peores. Desta vez moi salteado ao chegar a meta, pero o importante e sírvenos de consuelo é participar, como se soe decir. Con isto queremos decir que nesta asociación formamos parte todo tipo de persoas, non somos un equipo de competición nin nada similar, o que queremos e pasar un bo día acompañados con xente agradable. Volvendo ao tema da Btt como xa dixen varios participantes da asociación, unha delas accidentada de gravidade, que dende aqui lle mandamos un saudo a Teresa, e decirlle que  se  recupere pronto e que non se desanime para volver a pedalear nesta  fermosa ruta btt  que nos tiña preparado o Concello de Vedra polas terras da Ulla. Outra avaría desta vez mecánica foi a que lle ocorreu a Darío sen máis consecuencias que demorarse no transcurso da mesma. Moi ben indicada en todo momento, cruces, todos cubertos por voluntarios atentos en todo momento e moteiros ao longo da mesma para ter un control de todos os participantes. Parabéns.
Como sempre vos deixamos un pequeno aliciente do que foi a ruta en fotos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario