ALGO ESTÁ CAMBIANDO EN SAN XULIÁN...

martes, 12 de mayo de 2015

I marcha interxeracional en bicicleta, serra de outes

Este pasado domingo día 10 de Maio un grupete de amigos dos Tirolecos, partiron cara a serra de outes cos seus fillos para participar na primeira marcha interxeracional en bicicleta, que facían dende o concello de serra de outes. un percorrido de 14km que cando menos entretidos, podían acudir todos os públicos, escoltados, diante pola policía local e detrás co coche escoba e o coche de protección civil neutralizados en todo momento para manter o gurpo xunto, xa que se trataba de un paseíño. Os mais cativos chegoulle só ca ida, de 7km de percorrido, e alí puideron participar nun pequeno circuito feito debaixo dun pinar. Logo a volta, os mais fortes fixeron o traxecto de volta, ainda que algunha costiña tiveron que desmontar e subila a pe xa que era bastante esixente. Moi ben organizado polo equipo deportivo de afecionados a revoltas ciclistas que dende o noso blog felicitamos por esa boa inciativa altruista.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=9629538




No hay comentarios:

Publicar un comentario